O concello de Ourense aumenta o seu censo ata 105.703 persoas e rompe deste xeito a tendencia negativa dos últimos anos.
Un incremento de 1.000 persoas é o incremento rexistrado no censo de Ourense a data 31 de xaneiro de 2023, día no que se pecha o censo electoral coa vista nas eleccións municipais do mes de maio.
Ourense aumenta o seu censo
A falta da depuración destes datos por parte do Instituto Nacional de Estatística, este incremento supón rachar co descenso experimentado nos últimos anos. «Cambiou a tendencia e xa está á alza», indica Pérez Jácome, alcalde de Ourense.
O alcalde indica que este incremento podería ser superior si «en xullo de 2021 tanto PSOE como BNG en colaboración cos tránsfugas, non votasen en contra da rebaixa do 40% do imposto de vehículos».