Paco Rodríguez, candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Ourense, mostra o seu compromiso coa UPO ó asinar o manifesto de apoio a esta plataforma.
Con motivo das eleccións municipais do 28 de maio, a plataforma «Non ao peche da UPO» segue a sumar apoios entre os candidatos á alcaldía.
Paco Rodríguez mostra o seu compromiso coa UPO
Nesta ocasión foi o candidato do PSdeG-PSOE, Paco Rodríguez, o que mantivo un encontro coa plataforma para deixar clara a súa aposta pola recuperación deste servizo formativo. O candidato mostrou a súa intención de facilitar o traballo da UPO si acada o goberno municipal.
Unha sede e espazos onde desenvolver a súa actividade, apoio orzamentario e administrativo e consolidar os certificados de profesionalidade son algunhas das propostas realizadas. «Somos conscientes do que supón a entidade para a poboación de Ourense. E somos conscientes tamén do ataque que sufriu un servizo tan esencial. Pero gustaríanos empezar a falar en positivo e traballar, desde o 29 de maio, para que a cidadanía conte de novo coa opción de formarse na UPO o próximo curso» indicou Paco Rodríguez.
Cristina Cruz, integrante da candidatura socialista, expuxo as razóns para apoiar a esta plataforma. «A UPO naceu coa intención de achegar a cultura a aqueles que tiñan, que sempre teñen, maiores dificultades de acceso á formación e se transformou nun espazo de encontro que permitía, tamén, combater a soidade non desexada e axudar á inserción laboral gracias aos certificados de profesionalidade».