Noticias

O partido contra o Cancro de Mama recadou unha importante cantidade

O partido contra o Cancro de Mama que xogaron o EFF Rosalía e o equipo Mulleres de Ourense recadou unha importante cantidade económica que foi entregada á AECC en Ourense.

No encontro celebrado no campo municipal de Oira co lema «O rosa é máis que unha cor» involucráronse numerosas persoas e entidades de Ourense.

O partido contra o Cancro de Mama recadou unha importante cantidade

A venda de entradas, a fila cero e as participacións de patrocinadores e colaboradores permitiu recadar a cantidade de 2.245 euros. Un cheque con esta cifra foi entregada ó presidente da AECC en Ourense Germán Rodríguez-Saá.

O partido contra o Cancro de Mama recadou unha importante cantidade
Foto: AECC en Ourense

«Con iniciativas como este partido benéfico, a nosa sede provincial en Ourense apóiase e apoiarase os próximos anos en investigación, prevención, diagnóstico precoz e equidade, que son as puntas de lanza fronte ao cancro. Actividades como esta axúdannos a reforzar cada unha destas variables e a celebrar os avances que estamos a conseguir fronte á enfermidade. Agradezo a implicación a todos e todas polo seu tempo, o seu agarimo e a súa constancia para axudarnos nos nosos obxectivos» indicou Rodríguez-Saá.

Botón volver arriba