Deportes

O Pavillón brilla no Galego con cinco ouros e un billete ao Nacional

O Club Ximnasia Pavillón Ourense completou unha destacada fin de semana nos Campionatos Galegos, onde sumou varios podios e logrou a clasificación do seu equipo sénior para o Campionato de España de Ximnasia Estética de Grupo.

A competición deixou unha medalla de bronce para o conxunto benxamín, unha quinta posición para o equipo prebenxamín e un sétimo posto para o alevín de promoción.

O Pavillón brilla no Galego con cinco ouros e un billete ao Nacional

No Galego de Prebase, os equipos infantil e alevín finalizaron oitavo e quinto, respectivamente.

O Pavillón brilla no Galego con cinco ouros e un billete ao Nacional
Foto: Ximnasia Pavillón

Os mellores resultados chegaron na Ximnasia Estética de Grupo. Os conxuntos infantís de 10-12 e 12-14 anos acadaron dúas medallas de prata nos programas curtos. Pola súa banda, os equipos júnior e sénior proclamáronse campións galegos nos programas mixtos, mentres que o sénior autonómico tamén conquistou o ouro.

Ademais dos éxitos deportivos, o equipo sénior obtivo o pase para o Campionato de España, que se disputará en Huesca durante o mes de xullo.

Botón volver arriba