A Copa de España de conxuntos celebrada en Vigo deixa excelentes resultados para o Pavillón Ourense, que consegue varias clasificacións para as citas nacionais de ximnasia rítmica.
A competición, disputada o 28 de marzo no Pavillón das Travesas, incluíu a primeira fase da Copa de España de conxuntos, a Copa Raíña Sofía feminina e a Copa masculina.
O Pavillón Ourense brilla en Vigo e clasifícase para a Copa de España
A xornada resultou especialmente produtiva para os clubs Ximnasia Pavillón Ourense e Escola Pavillón, que lograron clasificar a todos os seus equipos participantes.

No apartado individual, José Vázquez destacou ao acadar a clasificación para a Copa absoluta masculina. O ximnasta asinou unha actuación moi sólida en todos os aparellos. Vázquez logrou o 2º posto en mazas e corda e o 3º en aro, confirmando a súa progresión e experiencia. Formará parte do equipo galego que competirá en Santander, onde defenderá o seu exercicio de mazas.
En categoría de conxuntos base, os equipos infantil e xuvenil da Escola Pavillón tamén conseguiron o seu obxectivo. O conxunto infantil acadou un destacado 2º posto, mentres que o xuvenil finalizou na 5ª posición, asegurando ambos a súa presenza na Copa Base.
Na categoría elite, o conxunto junior élite do club ourensán logrou unha meritoria 2ª posición nunha das competicións máis esixentes, garantindo a súa clasificación para a Copa de España. Pola súa banda, o conxunto senior mixto participará tamén na cita nacional, ao contar con clasificación directa na súa categoría.
En total, serán catro conxuntos e un ximnasta individual os que representen ó Ximnasia Pavillón nas competicións nacionais. Estas celebraranse en Santander entre os días 7 e 10 de maio.

