O Concello de Pereiro de Aguiar xa conta cun espazo libre de fume tras escoller a veciñanza mediante votación entre as propostas existentes.
A campaña para crear espazos libres de fume xurde da Asociación Española Contra o Cancro para crear ambientes libres da exposición ós efectos nocivos do tabaco. Crear lugares seguros e saudables permite unha maior protección da saúde e contribúe a previr enfermidades.
Pereiro de Aguiar xa conta cun espazo libre de fume
Mediante unha votación popular, a veciñanza escolleu os arredores do centro escolar Ben Cho Shey e do Pavillón deportivo como Espazo sen fume no Pereiro de Aguiar.
Luis Menor, alcalde do Pereiro, estivo acompañado por Germán Rodríguez-Sáa, presidente da AECC en Ourense, e por Belén Pérez, profesional da AECC en Ourense para presentar a sinalización deste espazo. O espazo conta con 20.000 metros cuadrados e ademais dos 260 alumnos que asisten a clases, realízase unha importante actividade deportiva e conflúe a ruta dos Muíños.