O concello de Pereiro de Aguiar terá un servizo de recollida de roupa e zapatos que contará con dez contedores repartidos nas distintas localidades.
Coa colaboración de Insertega, Pereiro de Aguiar pon en marcha este servizo que permitirá a recollida selectiva destes produtos.
O Pereiro terá un servizo de recollida de roupa e zapatos
Dos dez contedores previstos, dous xa están instalados e listos para dotar ó concello dun mellor servizo de reciclaxe.
Ó mesmo tempo, o concello tamén porá en marcha un servizo de Roupeiro Municipal. Este servizo estará xestionado polos servizos sociais e atenderá as demandas de roupa dos veciños máis necesitados.