Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, recibe na alcaldía ó mellor pizzero napolitano de España que ten o seu establecemento na rúa Lamas Carvajal.
Alberto Bracone, italiano de nacemento, presentouse ó concurso celebrado no Salón Gourmet de Madrid na modalidade de Pizza napolitana e gañou o primeiro premio.
Pérez Jácome recibe ó mellor pizzero de España
Pérez Jácome aproveitou a ocasión para destacar que en Ourense, ademais de comer o mellor polbo, a mellor carne, o mellor pan e as mellores castañas, tamén se come a mellor pizza napolitana de España.