Noticias

Piden un plan de saneamento do río Barbaña

Membros do BNG piden un plan de saneamento e rexeneración integral do río Barbaña por parte das institucións involucradas.

Néstor Rego, deputado no Congreso, estivo en Ourense acompañado polos candidatos ás alcaldías de Ourense, San Cibrao das Viñas e Barbadás.

Piden un plan de saneamento do río Barbaña

O motivo da visita era dar visibilidade ó estado do río Barbaña e solicitar un plan de saneamento. «Para o BNG o saneamento dos ríos é extremadamente importante para construír un futuro sustentábel», indicou Néstor Rego.

«Esixiremos ao Ministerio que se poña de acordo canto antes co Concello de San Cibrao das Viñas para a ampliación da EDAR para solucionar os problemas de verteduras ao tempo que dea solución á depuración das augas do Polígono. Igualmente é preciso identificar os focos de vertidos incontrolados para eliminalos definitivamente e a partir de aí poder rexenerar integralmente o río».

Piden un plan de saneamento do río Barbaña
Foto: BNG

De cara ás eleccións municipais do 28 de maio, Néstor Rego destaca que «vai ser fundamental o que aconteza nesas eleccións na medida en que consigamos en Ourense, Barbadás e San Cibrao das Viñas, gobernos sensíbeis con esta problemática, que actúen activamente para solventala e non que sexan meros espectadores».

Botón volver arriba