Noticias

Piden unha xunta de voceiros polo Tanatorio da Chavasqueira

Piden unha xunta de voceiros no concello de Ourense para que o alcalde ofreza información polo Tanatorio da Chavasqueira que se está a construír.

O tanatorio que se está a construír na zona da Chavasqueira é o motivo principal polo que o PSdeG-PSOE solicita unha reunión da xunta de voceiros.

Piden unha xunta de voceiros polo Tanatorio da Chavasqueira

«O pasado 2 de marzo o alcalde comprometeuse publicamente coa veciñanza da Chavasqueira a facer todo o posible para que o futuro tanatorio se construíse noutra localización diferente«, recordan os socialistas ante o inicio das obras. É precisamente este descoñecemento sobre as xestións realizadas polo alcalde o que fai que o partido socialista pide información directa do rexedor ourensán.

Piden unha xunta de voceiros polo Tanatorio da Chavasqueira

O outro asunto prioritario que se ten que tratar nesta xunta a petición dos socialistas é a supresión do paso a nivel de Peliquín. Os plans de ADIF inclúen a instalación dunha pasarela elevada e a eliminación do paso para os vehículos.

Indican desde o PSdeG-PSOE que «dende a Alcaldía díxosenos aos grupos municipais que nos convocarían para explicarnos como foi a tramitación municipal deste proxecto. PSOE e BNG solicitamos nas Xuntas de Área que se convocasen tamén os representantes veciñais do barrio afectado».

Botón volver arriba