Noticias

A Plataforma Non ao Pecha da UPO responde ás acusacións

A Plataforma Non ao Peche da UPO/Queremos UPO responde ás acusacións de «Mafia» realizadas polo alcalde de Ourense nunha publicación en redes sociais.

Coa publicación do comunicado, a Plataforma únese ás manifestacións realizadas por varios grupos políticos do concello rexeitando o cualificativo.

A Plataforma Non ao Pecha da UPO responde ás acusacións

A Plataforma Non ao Peche da UPO/Queremos UPO

COMUNICA que está en total desacordo con estas declaracións e as considera unha calumnia e ofensa cara as persoas honestas e cara unha das institucións propias do Concello de Ourense e que xestiona técnicos do mesmo.

A Universidade Popular foi impecable dende os seus comezos, caracterizándose pola súa transparencia, obxectividade e equidade, tanto na elección do profesorado como na admisión do alumnado, así como no desenvolvemento de cada unha das formacións educativas celebradas durante máis de vintecinco anos.

Este feito é facilmente demostrable consultando a documentación da UPO.

Aínda que xa estamos acostumados aos improperios e difamacións inxustificadas que verbaliza o señor alcalde cara toda a cidadanía, non podemos pasar por alto o que supón unha nova aldraxe para miles e miles de alumnos e alumnas e centos e centos de mestres e mestras.

Prácticamente non hai en Ourense familia que non conte no seu seo con algún membro que non fixera uso deste servizo do Concello.

Ante este desatino fóra de toda norma de convivencia e das prácticas que un representante publico da cidade debe de ter para coa veciñanza, á Plataforma só lle cabe pensar que o señor Alcalde atopase nervoso ante o feito de que ás forzas políticas da cidade apoien por unanimidade a nosa Universidade Popular, dende hai máis de dous anos: BNG, PSdeG-PSOE, PP, Cs, CCD, Agora Ourense (Esquerda Unida, Podemos Ourense, Ourense Mellor, Recortes Cero, Alianza Verde, Equo).

Polo tanto esta Plataforma mostra o seu rexeitamento non só a estas manifestacións senón a todo o que delas se derive, posto que defendemos un servizo público de garantía para toda a cidadanía indistintamente da súa condición económica.

Lembramos as verbas do Alcalde durante a xuntanza mantida o 13 de agosto de 2021 con esta Plataforma na que nos trasladou claramente e sen ningún tipo de rubor que non estaba en contra da UPO, pero el quería persoalmente contratar ao profesorado da mesma, sen ningún tipo de requisito de competencias, nin proceso administrativo como os que esixen as bases da Universidade Popular.

Un saúdo

Non ao Peche da UPO/Queremos UPO

Botón volver arriba