A Plataforma Pro CAPD segue loitando por unha xestión pública para o centro que a Xunta de Galicia construíu na cidade de Ourense.
Desde esta plataforma denunciaron a situación do futuro Centro de Atención a Personas con Diversidad Funcional nunha rolda de prensa.
A Plataforma Pro CAPD segue loitando por unha xestión pública
Este acto, celebrado no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense serviu para lembrar que desde 2016 esta plataforma solicitou a construción deste centro ó ser Ourense a única provincia que non dispuña dun CAPD. Esta petición contou co apoio de todas as forzas políticas e de 50.000 firmas de cidadáns de toda a provincia.
Unha vez rematadas as obras e completada a dotación de material, a Xunta anunciou que a xestión do centro sería externa á xestión pública. Desde a Plataforma Pro CAPD lembran que o centro foi construído «en suelo público e con cartos públicos» e que a dotación de material se realizou «tamén con cartos públicos».
Ante esta situación, a Plataforma Pro CAPD anuncia mobilizacións para evitar que a xestión dun centro destas características se converta nun negocio.