Noticias

O delegado da Xunta visita a nova sede de AODEMPER

O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta semana a nova sede da Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e outras Enfermidades Raras (AODEMPER), na cidade de Ourense.

Durante o encontro, Pardo coñeceu de primeira man o traballo que desenvolve a entidade na atención e acompañamento ás persoas afectadas por estas enfermidades.

O delegado da Xunta visita a nova sede de AODEMPER

O delegado felicitou á presidenta de AODEMPER, Susana Fernández, polo labor que realiza a asociación e trasladoulle o apoio da Administración autonómica para continuar avanzando na atención ás persoas con enfermidades crónicas e raras.

O delegado da Xunta visita a nova sede de AODEMPER.
Foto: Delegación da Xunta.

Segundo sinalou, este tipo de iniciativas contribúen á construción dunha sociedade «máis humana, máis sensible e máis xusta».

Botón volver arriba