Deportes

Pleno de clasificacións do Ximnasia Pavillón

O Pavillón dos Remedios foi o escenario onde se produciu un pleno de clasificacións dos conxuntos do Ximnasia Pavillón para as próximas citas nacionais.

Os tres conxuntos de categoría absoluto e os tres de conxunto base realizaron excelentes exercicios que lles permitiron lograr as clasificacións para as citas nacionais do mes de novembro en Zaragoza.

Pleno de clasificacións do Ximnasia Pavillón

En categoría absoluta, os tres conxuntos do Ximnasia Pavillón disputarán a fase final da Copa de España nivel absoluto. Dos nove conxuntos absolutos de Galicia que loitaban pola clasificación, tres deles eran do Ximnasia Pavillón.

Pleno de clasificacións do Ximnasia Pavillón
Conxunto infantil absoluto. Foto: Club Ximnasia Pavillón

Os conxuntos infantil, junior e senior lograron o billete para poder competir contra os mellores conxuntos. Nas súas respectivas categorías, estes conxuntos lograron un primeiro posto e dous segundos postos.

  • Conxunto infantil (adestradora Natalia Gómez)
    1º posto do conxunto formado por Claudia, Lara, Carla, Bianca e Olga.
  • Junior (adestradora Yaiza Rodríguez)
    2º posto do conxutno formado por Daniela, Martina, Xisela, Grettel, Maya e Sheila.
  • Senior (adestradora Alba Estévez)
    2º posto do conxunto formado por Candela, Claudia, Noa, Laura e Mariña.
Pleno de clasificacións do Ximnasia Pavillón
Foto: Club Ximnasia Pavillón

Campionato Galego Conxuntos Base

O Campionato Galego Conxuntos Base abriu as portas do Nacional ós tres conxuntos do Ximnasia Pavillón que optaban a esta clasificacións.

Nas categorías xuvenil, cadete e alevín, os conxuntos do Ximnasia Pavillón lograron unha clasificación que loitaron sobre o tapiz. Ademais de lograr clasificarse, o conxunto alevín que adestra Alba Estévez logrou o subcampeonato galego.

  • Conxunto xuvenil (adestradora Yaiza Rodríguez)
    Formado por Sabela, Martina, Alejandra, Aroa, Lucía e Noa
  • Cadete (adestradra Raquel Dafonte)
    Formado por Mónica, Noa, Daniela, Lara, Nicole e Sheila
  • Alevín (adestradora Alba Estévez)
    Martina, Area, Alicia, Valeria R., Mía, Mara e Valeira V.
Pleno de clasificacións do Ximnasia Pavillón
Foto: Club Ximnasia Pavillón

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.