Noticias

Podemos Ourense apoia a denuncia do Colexio de Xornalistas

Podemos Ourense apoia a denuncia do Colexio de Xornalistas de Galicia contra o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

Esta denuncia veu motivada pola decisión de suprimir as roldas de prensa e realizar no seu lugar charlas informativas no canal de youtube de Auria TV.

Podemos Ourense apoia a denuncia do Colexio de Xornalistas

Entenden desde Podemos Ourense que esta decisión «limita a liberdade de prensa e atenta contra a transperencia que debe caracterizar a unha administración pública». No seu lugar, Pérez Jácome ofrecerá «un monólogo unilateral» que lle permitirá «evitar preguntas incómodas».

Ante esta situación, Francisco Diéguez, voceiro de Podemos Ourense, esixe a recuperación das roldas de prensa «como parte dun compromiso coas boas prácticas democráticas e instamos a Jácome a rectificar».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.