Este venres, 4 de agosto, terá lugar a III Edición de Poesía en Riba no Museo Etnolóxico de Ribadavia que contará coa participación destacada de Antón Reixa e Aldaolado.
O ciclo de poesía performática celebrarase na Igrexa da Madalena a partir das 21:30h con entrada libre ata completar aforo.
Poesía en Riba no Museo Etnolóxico de Ribadavia
A longa tradición de escritores na provincia de Ourense ten continuidade cunha excelente promoción de novos poetas. Nomes como Rochi Nóvoa, Carlos da Aira, Nuria Erre Pe ou Belem de Andrade collen o relevo de figuras destacadas das letras galegas.
Nesta edición, Antón Reixa e Aldaolado forman parte do cartel desta terceira edición de Poesía en Riba que supón unha atractiva proposta cultural para a tarde-noite do venres.