A Coral de Ruada concedeu o Premio Xavier Prado «Lameiro» ó escritor ourensán Xosé Luis Méndez Ferrín que o recibirá o 16 de novembro.
Entre as razóns que levaron á entidade cultural a dar o premio a Méndez Ferrín destacan a importante obra literaria en galego e as súas múltiples alusións á cultura galega, á Coral de Ruada e mesmo a Xavier Prado.
Premio Xavier Prado ó escritor Méndez Ferrín
O premio que leva o nome dun dos fundadores da Coral de Ruada recoñece a aquelas persoas ou entidades que realizan una tarefa destacada a pro da cultura e o folclore de Galicia.

A entrega do galardón terá lugar o 16 de novembro nun acto no Teatro Principal de Ourense.