Noticias

Premios do Desfile de Entroido de Ourense

Xa coñecemos ós gañadores dos premios do desfile de Entroido de Ourense 2023 que tivo lugar esta tarde polas rúas da cidade.

51 comparsas e carrozas formaron un extraordinario desfile que animou ós centenares de persoas que encheron as rúas na edición deste ano.

Premios do Desfile de Entroido de Ourense

O xurado do concurso convocado polo concello outorgou os seguintes premios segundo a categoría correspondente:

Comparsas con máis de 10 compoñentes.

  • 1º premio (1.000€) Moulin Rouge
  • 2º premio (800€) Marina d´OU Lolailos
  • 3º premio (600€) Sol de Venecia

Comparsas con menos de 10 compoñentes.

  • 1º premio (500€) Fantasía estacional
  • 2º premio (400€) Puma Pico Pata
  • 3º premio (300€) Granxeiros da Ribeira Sacra
Premios do Desfile de Entroido de Ourense
Foto: concello de Ourense

Premios especiais comparsas.

  • A máis numerosa (500€) Ao rico xeado
  • A máis ocorrente ou graciosa (500€) O reino do dragón
  • Mellor animación / musical (500€) Tapada faunos

Carrozas

  • Mellor deseño (500€) + Cuñados Portocabo TV
  • Mellor animación (500€) Moulin Rouge

Botón volver arriba