Esta mañá tivo lugar a presentación do 4º partido benéfico contra o Cancro de Mama que se celebrará en Ourense o xoves, 17 de outubro.
A sede da Asociación Española Contra o Cancro de Mama acolleu este acto no que estiveron presentes representantes de varios sectores e entidades.
Presentación do 4º partido contra o Cancro de Mama
O partido celebrarase no Campo Municipal de Oira e enfrentará ó EFF Rosalía contra un conxunto formado por unha representación de mulleres dos ámbitos da política, a comunicación, a sanidade ou o empresariado.
A entrada para asistir a este encontro terá un custe de 5€ e tamén estará dispoñible una «fila cero». A recadación deste evento benéfico será destinada á Asociación Española Contra o Cancro de Ourense.
No acto de presentación, a vicepresidenta da AECC Ourense, Olga Mojón, indicou que «unha vez máis, alzamos a voz para reivindicar o significado da cor rosa coa nosa campaña: ‘O rosa é só rosa, pero contigo é apoio e investigación‘. Con esta iniciativa, queremos destacar que, a pesar dos avances logrados, aínda queda moito por facer. Detrás desa cor rosa escóndense esforzos incansables de investigación, apoio e acompañamento a quen enfronta esta dura batalla».
As asistentes a este acto de presentación foron:
- Olga Mojón, vicepresidenta da AECC Ourense
- Carmen Sampaio, tesoureira da AECC Ourense
- Tamara Silva, concelleira de asuntos sociais do Concello de Ourense
- Ana Fernández, concelleira de avogacía e contratación do Concello de Ourense
- Natalia González, concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE
- Erea Blanco, concelleira do grupo municipal do BNG
- Inmaculada Moreiras, portavoz e concelleira do grupo municipal do PP
- Alba Iglesias, concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE
- Manuel Pérez, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia
- Rosendo L. Fernández, deputado de representación institucional da Deputación de Ourense
- Aníbal Pereira, tenente-alcalde do Concello de Ourense