Continúan os problemas de salpicaduras na rúa Ribeira de Canedo a pesar das obras realizadas polo concello para dotala dun novo firme.
O Grupo Municipal do BNG no concello de Ourense sinala que as obras realizadas na rúa Ribeira de Canedo non solucionaron os problemas existentes.
Problemas de salpicaduras na rúa Ribeira de Canedo
Os veciños que transitan habitualmente por esta rúa queixábanse de que cada vez que chovía, os coches salpicaban ós viandantes. Esta situación non mellorou coa obra senón que aínda foi a peor. A rúa presenta unha lixeira inclinación cara a marxe esquerda (dirección á Ponte Vella), lado no que están instalados os sumidoiros.

Esta situación provoca que en días de choiva, ese lateral se anegue de auga e poña en risco ós viandantes que son salpicados polos coches que circulan pola rúa. O BNG denuncia que o proxecto das obras realizadas non tivera en conta esta situación e incluso os acrecentasen.