O programa da III Romaría Feminista de Barbadás conta con numerosas actividades que terán lugar durante a xornada do sábado, 3 de setembro de 2022.
Dende as 12h, Barbadás vivirá unha xornada dedicada ó feminismo con mesas de debate, actuacións musicais e a presenza destacada da ex-vicepresidenta do goberno Carmen Calvo Poyato.
Programa da III Romaría Feminista
- 12h. Inauguración da Romaría
Actuación das Pandereteiras de Sobrado do Bispo e As Lambisqueiras de Barbadás. - 13h. Apertura: A axenda das mulleres
Carmen Calvo Poyato – Presidenta da Mesa de Igualdade do Congreso e Ex-vicepresidenta do Goberno de España. - 16:30h. Mesa debate: Muller e emprendemento
Coa participación de Elena Ferro (Zoqueira), Eva D. Castro Outeiriño (Executivas de Galicia) e Ana Pumar Atrio (Auditora). Modera: Ana Valado (Economista). - 18:30h – Mesa debate: Muller e Cultura
Coa participación de Ledicia Costas (escritora), Berta Ojea (actriz), Mª Xosé Porteiro (escritora) e Laura Míguez (actriz). Modera: Montse Estévez Varela (comunicadora).
