Eventos

Programación de Nadal 2023 no Pereiro de Aguiar

A Programación de Nadal 2023 no Pereiro de Aguiar posúe unha variada e atractiva oferta de actividades nas que non faltarán os concursos, a música, o teatro e a visita de Papá Noel e os Reis Magos.

Nestas datas, os concellos da provincia van presentando as programacións elaboradas para estas datas de Nadal e que supoñen unha oportunidade para gozar de propostas lúdicas de forma comunitaria.

Programación de Nadal 2023 no Pereiro de Aguiar

Algunhas desas propostas son concursos nos que persoas de todas as idades poden participar para realizar o mellor vídeo, tarxeta ou decoración coa temática do Nadal. Noutras ocasións, a música chega ás residencias de maiores para ofrecerlles un anaco de ledicia nunhas datas tan sinaladas.

Por último, son habituais as visitas das personalidades máis destacadas do Nadal como é o caso de Papá Noel ou os Reis Magos de Oriente.

Programa de actividades

  • Concursos
    Tarxetas de Nadal
    Adornos de Nadal
    Concurso de Vídeos de Nadal
  • Olla o Nadal
    Ensínanos o teu pobo
  • Actuación da Coral Terras de Aguiar nas residencias de maiores
    Os Gozos, 16 de decembro
    Monterrei , 11 de decembro
    Domus VI
  • Obradoiros de Nadal na Biblioteca
  • Festival de Nadal Club Ourela
  • Representación Teatral
    «A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza»
  • Visita de Papá Noel
    22 de decembro
  • Concerto presentación do novo disco de José Rubio: Black Rose
    29 de decembro
  • San Silvestre solidaria do Pereiro de Aguiar
  • Recollida solidaria de alimentos
  • Visita das súas Maxestades os Reis Magos
    5 de xaneiro
Programación de Nadal 2023 no Pereiro de Aguiar

Botón volver arriba