O PSdeG-PSOE de Ourense avanzou na preparación das candidaturas para as eleccións municipais de 2027 tras unha reunión con representantes da maioría dos concellos da bisbarra.
No encontro participou a Executiva Provincial e cargos locais de municipios como Ourense, Barbadás, Coles, Maceda ou Taboadela.
Os socialistas perfilan as municipais de 2027 en Ourense
A formación destaca o peso estratéxico da comarca, clave no reparto de deputados na Deputación, e sinala que “o resultado nesta bisbarra será determinante para o futuro goberno provincial”.

As e os socialistas puxeron en valor o traballo dos seus representantes e apostan por políticas progresistas centradas na vivenda, os servizos públicos, o emprego e a fixación de poboación no rural.
Como obxectivos, marcan reforzar alcaldías actuais, recuperar Barbadás, mellorar resultados na cidade de Ourense e lograr representación en Xunqueira da Ambía.

