Noticias

O PSdeG-PSOE de Ourense súmase aos Maios

A agrupación local do PSdeG-PSOE de Ourense participará, por cuarto ano consecutivo, na Festa dos Maios, reafirmando o seu compromiso coa cultura popular da cidade.

A formación socialista convida á cidadanía a colaborar na elaboración do seu maio os días 1 e 2 de maio, a partir das 17:00 h, na súa sede.

O PSdeG-PSOE de Ourense súmase aos Maios

Trátase dunha actividade aberta que promove a convivencia, o traballo colectivo e a posta en valor dunha das celebracións máis emblemáticas de Ourense.

O resultado deste proceso poderá verse o domingo 3 de maio, ás 11:00 h, na Rúa do Paseo, escenario principal da festa, que cada ano reúne a veciñanza arredor da creatividade, a música e a tradición.

O PSdeG-PSOE de Ourense súmase aos Maios

Desde o PSdeG-PSOE animan á participación cidadá nunha xornada festiva clave na identidade cultural local. Ademais, e como é habitual, o recadado destinarase integramente a entidades de carácter social, repetindo a colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, Igaxes e Por Eles TEA.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba