O PSOE de Ourense homenaxea a II República este martes 14 de abril cun acto no cemiterio de San Francisco ás 11:30 h, organizado polas Executivas do PSdeG-PSOE e as Xuventudes Socialistas.
A homenaxe incluirá unha ofrenda floral diante do Memorial ás Vítimas do franquismo, en recoñecemento ás persoas que loitaron pola democracia, a liberdade e a xustiza social.
O PSOE de Ourense homenaxea a II República
No acto intervirán Natalia González Beneitez, Álvaro Vila Araújo, Daniel Barredo e Xosé Lois Carrión.

Dende o partido sinalan que “é de xustiza lembrar a todas as persoas que impulsaron a democracia e sufriron a represión franquista”, destacando tamén que a II República “forma parte do ADN socialista”.
O PSOE subliña ademais o papel deste período histórico na promoción da educación pública, a igualdade e a ampliación de dereitos, e lembra que o 14 de abril é unha data clave para a memoria democrática.

