Noticias

O PSOE solicita o informe que avale a supresión da ORA

O PSdeG-PSOE de Ourense solicita o informe que avale a supresión da ORA que anunciou o Goberno municipal.

«A día de hoxe, e pese a ser unha intención que xa manifestou en anteriores ocasións, descoñecemos as alternativas de aparcamento que se propoñen nin se existen informes que avalen a eliminación do servizo», sinala a portavoz socialista, Natalia González.

O PSOE solicita o informe que avale a supresión da ORA

Ante esta situación, os socialistas teñen dúbidas sobre as consecuencias da supresión deste servizo. «Tampouco sabemos o impacto económico que pode ter nas arcas públicas ou as responsabilidades contractuais que a Administración local ten coa empresa ata o de agora concesionaria do servizo», destacou González Benéitez.

O PSOE solicita o informe que avale a supresión da ORA

Remata Natalia González lembrando as decisións adoptadas noutras cidades. «Noutras cidades tomouse a decisión atendendo tamén a plans de mobilidade específicos e ofrecendo alternativas. Aquí, non. Aquí se trata dun capricho unilateral do rexedor que non pon sobre a mesa un plan B nin mide as consecuencias que poida ter».

Botón volver arriba