¿Que é para ti a diversidade? é o concurso de debuxo infantil que a concellería de igualdade de Barbadás convoca para nenos e nenas do concello que teñan entre 6 e 12 anos.
O próximo 28 de xuño será o día da diversidade LGTBI e por ese motivo a concellería de igualdade e o CIM de Barbadás convocan un concurso infantil de debuxo.
¿Que é para ti a diversidade?
Tódolos nenos e nenas do concello con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos poderán participar e presentar os seus traballos entre o 24 e o 28 de maio de 2021. O punto de entrega dos mesmos será a Casa da Cultura de A Valenzá ou en calquera dos colexios públicos (Filomena Dato e Ruxidoiro).
Os traballos presentados terán que responder ó tema «¿que é para ti a diversidade?» e ser realizados en tamaño A4 (cartolina ou papel). A presentación será nun sobre pechado que indique «Concurso de Debuxos pola Diversidade» e incluíndo no interior, outro sobre pechado cós datos persoais.
Categorías
As categorías nas que se poderá participar son dúas:
- Nenos/as de 1º a 3º de Primaria
- Nenos/as de 4º a 6º de Primaria
O xurado, formado pola Concelleira de Igualdade, a directora do CIM de Barbadás e por unha persoa representando ós colexios de Barbadás valorará principalmente a orixinalidade e a capacidade creativa.
Premios
Os participantes optarán a tres premios en cada categoría.
- Categoría de 1º a 3º de primaria:
1º premio – un reloxo dixital
2º premio – uns cascos inalámbricos
3º premio – un libro - Categoría de 4º a 6º de primaria:
1º premio – un reloxo dixital
2º premio – uns cascos inalámbricos
3º premio – un libro
A entrega de premios será o 25 de xuño de 2021 ás 12h na Casa da Cultura e un dos premiados será a imaxe do cartaz don Concello de Barbadás o Día da Diversidade (28 de xuño).