Dende o PSdeG-PSOE reclaman unha solución de urxencia para a accesibilidade da rúa Avilés de Taramancos cara Ervedelo.
Trala retirada da escaleira para instalar un ascensor, as obras permanecen paralizadas por unha liña de media tensión que non se contemplaba no proxecto.
Reclaman unha solución de urxencia para Avilés de Taramancos
Natalia González, voceira socialista, indica que «hai máis dun mes anunciáronse unhas obras que hoxe en día están paralizadas por non ter en conta a existencia dun transformador de media tensión». Recorda Natalia González que esta improvisación é habitual no proceder do goberno municipal provocando na obra de Concordia un sobre custo de 700.000 euros por non prever a instalación dun colector de saneamento.

«Estamos a falar dun proxecto de máis de medio millón de euros para dar a necesaria solución aos problemas de accesibilidade que afrontan os veciños e veciñas da rúa Avilés de Taramancos, pero a realidade é outra ben distinta».