Noticias

Reforzan a vixilancia en barrios con máis delitos en Ourense

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, reuniuse este xoves co comisario xefe da Policía Nacional, Juan Cástor Vázquez.

O encontro celebrouse no marco dunha visita institucional á Comisaría Provincial para avaliar os datos de seguridade cidadá correspondentes ao primeiro trimestre de 2025.

Reforzan a vixilancia en barrios con máis delitos en Ourense

Durante a reunión, ambos responsables fixeron un seguimento dos operativos especiais xa en marcha destinados a reforzar a vixilancia nos barrios da cidade con maior índice de actividade delituosa. Estes dispositivos buscan mellorar a prevención e resposta ante delitos, especialmente nas zonas que presentan unha maior incidencia.

Reforzan a vixilancia en barrios con máis delitos en Ourense
Foto: Subdelegación do Goberno

O subdelegado destacou “a labor incansable” da Policía Nacional para garantir a seguridade na cidade e tamén puxo en valor “a constante colaboración e coordinación” coa Policía Local. Neste sentido, Santos subliñou que os dous corpos manteñen unha reunión semanal e un contacto permanente para garantir unha resposta rápida e eficaz ante calquera incidente.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.