O libro Os Reis e as Raíñas da Galiza chegan ó Carballiño este sábado, 15 de xuño,da man da tenda OZOCOgz.
O acto de presentación desta publicación será ás 12:30h na tenda situada na rúa Curros Enríquez, 29 do Carballiño.
Os Reis e as Raíñas da Galiza chegan ó Carballiño
Neste acto de presentación de «Os Reis e as Raíñas da Galiza – 1.000 anos dun reino de seu» intervirá o escritor David Otero Fernández. Tamén participará un dos autores da obra, o historiador, escritor e ilustrador Héitor Picallo.