Oito autoras actuais renden homenaxe a oito mulleres destacadas do principio do século XX e que non tiveron a repercusión dos seus contemporáneos homes.
Este sábado, 4 de febreiro, terá lugar a presentación do libro «Irmás«, editado pola Editorial Alvarellos, na Casa da Cultura do Concello de Vilalba.
Renden homenaxe a oito mulleres destacadas do principio do século XX
A escritora ourensá Rochi Nóvoa é unhas das oito autoras actuais que recupera a memoria destas mulleres que non tiveron a repercusión que merecían e que si recibiron os homes da súa época. «Irmás. Oito diálogos contra a desmemoria» rende unha valiosa homenaxe ás mulleres silenciadas durante o período 1916-1936. Durante esa época, numerosos escritores masculinos pasaron a formar parte da historia dentro das Irmandades da Fala.
Irmás cuxa memoria se recupera: Amalia Álvarez, Olimpia Valencia, María Luz Morales, María Miramontes, Elvira Bao, Jacinta Landa, Amparo López Jean e Teruca Bouza.
Autoras actuais que escriben sobre as homenaxeadas: Eilún Del Pazo Moa, Beatriz Dourado, Cecilia F. Santomé, Míriam Ferradáns, Rochi Nóvoa Vázquez, Patricia Torrado Queiruga, Lupe Bao, Tamara Andrés