Estes días tivo lugar unha reunión dos presidentes provinciais da AECC en Galicia para unir esforzos nas estratexias a realizar.
Germán Rodríguez-Saá, presidente en Ourense, recibiu ós presidentes de Lugo, María Luz Abella, Pontevedra, Blanca Ana García, e A Coruña, Manuel Aguilar.
Reunión dos presidentes provinciais da AECC para unir esforzos
Entre os asuntos tratados figurou o obxectivo de acadar o 70% de supervivencia no ano 2030. Para acadar este obxectivo, é necesario aumentar a investigación oncolóxica.

Outro dos asuntos prioritarios que trataron os presidentes das catro sedes provinciais foi a atención integral ás persoas con cancro e ás súas familias. Todos coincidiron en incrementar o apoio e atención ás persoas con necesidades sociais.