Noticias

Rita Doallo gana o IV Certame Literario de Taboadela

Rita Doallo Álvarez gana o IV Certame Literario de Taboadela na categoría reservada ós escritores maiores de idade polo seu traballo «Desconexión».

O concello de Taboadela entregou os premios do IV Certame Literario que contou cunha importante participación.

Rita Doallo gana o IV Certame Literario de Taboadela

Este certame literario contaba con tres categorías en función da idade. O xurado do mesmo, escolleu ás dúas obras merecedoras de premio de entre todos os participantes.

Na categoría 1, para nenos e nenas de 8 a 12 anos, o primeiro premio foi para Anxo Rodríguez Diz. Lucía Álvarez García foi a gañadora da categoría 2 para escritores de 13 a 18 anos. Na Categoría 3, con participación de maiores de idade, o primeiro premio foi para Rita Doallo Álvarez.

Rita Doallo gana o IV Certame Literario de Taboadela

Categoría 1 (8 a 12 anos)

  • 1º premio para Anxo Rodríguez Díaz por «As termas misteriosas».

Categoría 2 (13 a 18 anos)

  • 1º premio para Lucía Álvarez García por «Os ollos da Lúa».
  • 2º premio para Leire Moreno Rodal por «O lobo da Raíña».

Categoría 3 (maiores de idade)

  • 1º premio para Rita Doallo Álvarez por «Desconexión».
  • 2º premio para María José Diz Carballo por «Un vagalume na escuridade».

Botón volver arriba