Eventos

Roberto Sobrado presenta novo traballo

O músico Roberto Sobrado presenta esta tarde o seu novo traballo discográfico na tenda OZOCOgz do Carballiño.

Este 25 de abril, OZOCOgz terá dobre actividade a partir das 19:30h con música e unha ollada ó noso país veciño.

Roberto Sobrado presenta novo traballo

O 25 de abril de 1974 tivo lugar a Revolución dos Caraveis en Portugal. Este acontecemento mudou a historia contemporánea de Portugal ó por fin á ditadura que gobernaba o país desde o ano 1926. No día que se celebra o 50 aniversario deste acontecemento histórico, na tenda OZOCOgz realizarán proxeccións, poesía e música para recordar esta data.

Ademais do recordo deste evento, tamén se presentará o último traballo discográfico de Roberto F. Sobrado. Despois da presentación de «Monstro Delicado», gravado por Roberto Sobrado Grupo, realizarase a interpretación dalgúns temas recollidos no disco.

Roberto Sobrado presenta novo traballo

Botón volver arriba