Rochi Nóvoa, docente e escritora, recomenda a lectura dun libro que para ela ten un significado especial con motivo do Día Internacional do Libro 2023.
Ourensenarede solicitoulle que nos recomendase un libro, explicase o que lle aportou e por que o recomenda.
Rochi Nóvoa recomenda a lectura de…
«Los asquerosos» de Santiago Lorenzo
Lin este libro hai uns anos, pero volveu a lembranza non hai moito.
“Los asquerosos” reflicte unha sociedade un tanto barulleira ademais de supor unha bonita e interesante reflexión sobre a soidade, a ben entendida, a desexada, a buscada. Ás veces falta dar un paso atrás para coller o impulso necesario que nos permita afrontar cambios importantes na vida.
Manuel era un home con ambicións alcanzables, o arquetipo de cidadán de clase media que realiza malabares para chegar a fin de mes. Pero o devir do futuro modificou por completo a súa traxectoria, obrigándolle a esconderse da xustiza nun pequeno pobo da España baleira, xa que tivo un altercado coa policía, a partir de aí, comeza a historia.
Subliñaría deste libre as doses de humor cargado de ironía e algún vocabulario creado para a ocasión como La Mochufa. O desenlace deste libro diría que é entre feliz e melancólico ou incluso ambos. Coido que ate o título é moi acaído.