Rosendo Fernández representou á Deputación provincial na súa calidade de vicepresidente primeiro nos eventos deportivos da fin de semana.
O Pazo dos Deportes Paco Paz e o recinto de Expourense acolleron esta fin de semana dous campionatos de ámbito nacional que contaban co apoio da Deputación.
Rosendo Fernández representou á Deputación nos eventos deportivos da fin de semana
O Campionato Absoluto de España de Hóckey Sala celebraba en Ourense a súa final a 4 en categoría feminina e masculina. Os mellores clubs de España xogaron no Pazo dos Deportes Paco Paz onde o SanSe Complutense logrou a vitoria en ambas categorías.
![Rosendo Fernández representou á Deputación nos eventos deportivos da fin de semana](https://ourensenarede.com/wp-content/uploads/2023/02/Rosendo-Fernandez-no-campionato-de-espana-de-hockey-1.jpeg)
Tamén tivo lugar en Ourense o Campionato de España de atletismo de clubs en pista cuberta. Numerosos deportistas competiron nas instalacións de Expourense entre os que destacou Jordan Díaz ó lograr un novo récord de España de triple salto (17,49m).
![](https://ourensenarede.com/wp-content/uploads/2023/02/Rosendo-Fernandez-no-campionato-de-espana-de-atletismo-de-clubs.jpg)