Noticias

O Rotary Club entrega unha doazón á AECC de Ourense

O Rotary Club de Ourense entrega unha doazón de 850€ á AECC de Ourense que foron recadados no III Campionato de Mus que organizou esta entidade.

Esta doazón irá destinada ó programa de «Axudas económicas para situacións de emerxencia social de toda a provincia de Ourense» que realiza a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense.

O Rotary Club entrega unha doazón á AECC de Ourense

«Agradecidos pola implicación da nosa sociedade, neste caso, o Rotary Club Ourense pola organización do III Campionato de Mus, os cales veñen sumarse a todas esas accións que se fan externamente á nosa asociación e van destinadas a axudar a pacientes oncolóxicos en situacións de emerxencia social. Por tanto, seguir animando a todo o mundo a participar e axudar para chegar ao noso obxectivo, que cheguemos a todos os municipios da provincia de Ourense sen distinción» sinalou Germán Rodríguez-Saá, presidente da AECC de Ourense.

O Rotary Club entrega unha doazón á AECC de Ourense
Foto: AECC de Ourense

O acto de entrega do cheque co importe da doazón tivo lugar nas instalacións da AECC de Ourense.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.