O concello da Rúa celebra o próximo sábado, 28 de xaneiro, a súa XIV edición da Festa do Codillo no Pavillón Polideportivo Victorino Núñez.
O evento gastronómico comezará ás 14.30h tras realizar un acto de homenaxe ós maiores pola súa contribución á sociedade e polas aprendizaxes que día a día brindan ás xeracións posteriores.
A Rúa celebra a súa XIV Festa do Codillo
As entradas para o xantar estarán a venda dende as 11h deste domingo, 22 de xaneiro, na Casa da Cultura de A Rúa. Cun prezo de 19,95€, cada particular terá a posibilidade de mercar ata un límite de 25 entradas.