O Plan VEO en Ourense supera os 1.500 nenos e nenas beneficiarios, segundo destacou o subdelegado do Goberno, Eladio Santos, durante a súa visita á óptica Jaled da Rúa.
O programa, impulsado polo Ministerio de Sanidade, ofrece ata 100 euros anuais para sistemas de axuda visual a menores de ata 16 anos. “O Goberno ponse unha vez máis ao carón das familias co financiamento dun gasto esencial”, sinalou.
Máis de 1.500 menores benefícianse do Plan VEO en Ourense
Na provincia rexistráronse 1.545 solicitudes ata marzo, con 51 ópticas adheridas. Ademais, Galicia lidera a implantación desta iniciativa en España.

Eladio Santos animou ás familias de Valdeorras a participar, destacando que hai catro ópticas adheridas na comarca. Tamén agradeceu a colaboración do Consello Xeral de Colexios de Ópticos-Optometristas.

