O Sanysec-Club Ourense Atletismo conseguiu un dobre podio no XLII Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub16, disputado nas pistas da Malata, en Ferrol.
A actuación do equipo masculino rematou cun terceiro posto con 64 puntos, mentres que o feminino tamén foi terceiro, con 121 puntos.
O Sanysec-Club Ourense Atletismo logra un dobre podio no Galego Sub16
Na competición masculina destacou Mario Casal Carbajosa, vencedor no lanzamento de disco, con 47,33 metros, e no de peso, con 14,29 metros. Brais Rey Neira, do filial Atletismo A Estrada, gañou os 1.500 metros obstáculos cun tempo de 4:37.14.

Tamén subiron ao podio Marco Pereira Fernández, segundo en pértega (2,81 m); Juan Pernas Facal, terceiro nos 3.000 marcha (18:07.86); Brais Quintans Villaverde, terceiro nos 300 valos (48.15); Xabier Sieira Dosil, terceiro nos 3.000 metros (10:51.76), e Aroi Fernández González, terceiro nos 1.000 metros (3:02.98). Pernas, Quintáns e Sieira pertencen ao filial Ames Atletismo Savante.
No equipo feminino, Naia Bermejo Quintans foi segunda en pértega, con 2,71 metros. Ademais, Isabel Carrión Álvarez foi terceira nos 3.000 marcha (22:08.89), Sara Vázquez Casas no martelo (26,30 m) e Ariadna Conde Vázquez nos 100 valos (17.85).
O equipo feminino tamén se impuxo no 4×100 metros, cun tempo de 53.65, grazas ao cuarteto formado por Carla Espín Valcarce, do filial Xuncas Diversia, Xiana Ortega Limia, Lucía Quintas García e Naia Bermejo Quintans. No 4×300, as ourensás finalizaron terceiras con 3:15.87.
O dobre terceiro posto confirma o nivel da canteira do Sanysec-Club Ourense Atletismo e o traballo colectivo desenvolvido nesta categoría ao longo da tempada.

