Sara Inés Vega, candidata á alcaldía de Castro Caldelas, presentou o seu programa para o próximo mandato ante decenas de veciños e veciñas.
Un acto realizado no Castelo de Castro Caldelas serviu á actual alcaldesa para mostrar as liñas do seu programa de goberno para o seguinte mandato. Un proxecto «ambicioso» que permita a Castro Caldelas seguir «transformándose, medrando e modernizándose».
Sara Inés Vega presentou o seu programa para o próximo mandato
Esta cita electoral chega nun momento no que a candidata se atopa «coa mesma ilusión de sempre e coas ganas de volver gozar da vosa confianza». Ó falar da súa candidatura destacou que «o noso equipo esforzarase ao máximo con unión, ideas, madurez e inquedanzas para darvos o mellor futuro».
Adolfo Pérez Abellás, deputado no Congreso, destacou de Sara Inés Vega que «é o exemplo dunha excelente xestión ao fronte do concello, liderando un gran equipo de persoas, de socialistas comprometidas con esta terra e que van a revalidar este compromiso o día 28, co apoio de todos e todas vós».