Noticias

Sarín Núñez encabeza a lista do BNG en Barbadás

Sarín Núñez encabeza a lista do BNG en Barbadás por segunda ocasión tras facelo no ano 2019 e ser o voceiro da formación nacionalista durante este mandato.

O BNG de Barbadás repite candidato á alcaldía nas municipais do mes de maio ó presentar a Sarín Núñez á fronte da candidatura.

Sarín Núñez encabeza a lista do BNG en Barbadás

Foi no mesmo acto de presentación de Sarín Núñez como cabeza de lista cando se desvelou o nome das persoas que acompañan. «Estamos diante dunha renovación importante da candidatura da que tamén forman parte persoas con ampla experiencia para encarar os retos que temos por diante», indica Sarín Núñez.

Esta lista, con numerosos cambios con respecto á de 2019, «reflicte a realidade social de Barbadás e os diferentes sectores sociais do concello así como das diferentes parroquias que o conforman».

Sarín Núñez encabeza a lista do BNG en Barbadás

Entre os obxectivos para o próximo mandato, o candidato á alcaldía sinala «a reivindicación dun Centro de día, a creación de piscinas climatizadas que poidan ser empregadas todo o ano ou unha segunda escola infantil».

Lista do BNG ao Concello de Barbadás

  • 1. Serafín Núñez Pérez.
  • 2. Nuría Feijoo Fernández
  • 3. Iria Lorenzo Blanco.
  • 4. Andrés Soto Sánchez.
  • 5. Ainhara Francisco López.
  • 6. J. Luis Gallego Villanueva
  • 7. Mª Sol Reis Rodriguez Dopazo
  • 8. Jesus Fernández Rodríguez.
  • 9. Iria Quintairos Bugallo
  • 10. Millán Puga López
  • 11. Mª Pilar Álvarez Penin.
  • 12. Daniel Pena Rodríguez.
  • 13. Ana Isabel Feijoo Álvarez
  • 14. Pablo García Rodríguez
  • 15. Uxía Núñez Luis.
  • 16. Noa Fírvida Cortés.
  • 17. Xosé Manoel Afonso Noceda.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.