Deportes

Seguen as boas noticias para o Ximnasia Pavillón

Seguen a chegar as boas noticias desde Pamplona para o Club Ximnasia Pavillón coa participación das parellas de sincronismo.

Unha vez rematada a competición de base, prosegue o Campionato de España de Ximnasia de Trampolín.

Seguen as boas noticias para o Ximnasia Pavillón

Nesta nova fase da competición, chegou o momento de ver en acción ás parellas de sincronismo. O Club Ximnasia Pavillón está representado por sete parellas que tiveron como resultado máis relevante a medalla de ouro lograda por Daniel G. Imray e Mateo Rodríguez Pérez.

Tres das parellas de sincronismo que representaban ó Ximnasia Pavillón lograron a clasificación para as finais cos seguintes resultados:

  • Daniela Rodríguez Augusto e Diego Rodríguez Pérez – 7ª posición
    Clasificados para a final en primeira posición
  • Breixo Miranda Fernández e Mara Lázaro Díaz – 6ª posición
    Clasificados para a final en segunda posición
  • Daniel G. Imray Carrasco e Mateo Rodríguez Pérez – Medalla de Ouro
    Clasificados para a final en primeira posición
Seguen as boas noticias para o Ximnasia Pavillón
Foto: Ximnasia Pavillón

A competición continúa e terá novas presenzas de ximnastas ourensáns nas finais que quedan por disputar. Diego Rodríguez Pérez e Iker García Martínez clasificáronse para as finais de Dobre MiniTramp en 3º e 4º posto respectivamente. Tamén acadou un poso na final Uxía Blanco Cidón ó lograr a primeira posición en trampolín.

Botón volver arriba