Deportes

Os Senior de Athlos arrasan coas medallas

Os xogadores Senior do Club Athlos arrasan coas medallas na súa participación no XLV Campionato Galego que se celebrou en Viveiro (Lugo).

Xa estamos acostumados a presenciar numerosos éxitos dos xogadores máis veteranos do club Athlos pero nesta ocasión lograron un éxito rotundo.

Os Senior de Athlos arrasan coas medallas

O número de medallas logradas polos xogadores de Athlos demostra o nivel que este club mostra nas distintas competicións nas que participa. As 16 medallas logradas en Viveiro veñen a Ourense para seguir enchendo a sala de trofeos do club.

Os Senior de Athlos arrasan coas medallas
Foto: Club Athlos

2 Medallas de Ouro

  • JULIO FERNÁNDEZ VALENCIA no dobres masculino B2 xunto a Diego Freire do Cedeira.
  • DOLORES SARMIENTO E FCO JAVIER GALICIA no dobres mixtos C1.

5 Medallas de Prata

  • MÓNICA E NURIA FERNÁNDEZ no dobres feminino C1.
  • NURIA FERNÁNDEZ no dobres mixtos C1 xunto a Juan Carlos Novoa do CB Mestre Vide Ourense.
  • FCO JAVIER GALICIA no individual masculino C2.
  • JORGE VIDAL no individual masculino D.
  • FCO JAVIER GALICIA no dobres masculino C2 xunto a Jorge Santamariña do CB Cembedo.

9 Medallas de Bronce

  • Mélani Vázquez no individual feminino A1.
  • Mélani Vázquez no dobres mixtos A1 xunto a Roberto Iglesias do CB Mestre Vide Ourense.
  • Olalla Fernández no dobres feminino A1-A2 xunto a María Corral do Club San Amaro.
  • Mélani Vázquez no dobres feminino A1-A2 xunto a Ángela Soto do CER Vigo.
  • Julio Fernández Valencia no individual masculino B2.
  • Dolores Sarmiento no individual feminino C1-D.
  • Julio Fernández Pérez no individual masculino SV+.
  • Julio Fernández Pérez no dobres masculino SV-SV+ xunto a Manuel Alonso do CB Mestre Vide Ourense.

Durante a fin de semana, tamén participaron xogadores de Athlos no Máster N3 de Tordesillas (Valladolid) nas categorías Sub15 e Sub19. David Casas e Adrián Seijo en Sub15 e Xoel Álvarez, Paula Casas e Mariña González en categoría Sub19 foron a representación de Athlos neste torneo.

Foto: Club Athlos

Acompañados polos adestradores Antonio Iglesias e Sara Galicia, os xogadores de Ahtlos mostraron un bo nivel que non lles alcanzou para lograr medallas. O mellor posto foi o logrado por Adrián Seijo en individual masculino sub15 cun quinto posto.

Botón volver arriba