Eventos

Sergio Alba presenta en Ourense o seu espectáculo

Sergio Alba chega a Ourense co seu espectáculo de humor Dous rombos… Pasa para a cama, unha proposta escénica que convida a viaxar ao pasado con moito sentido do humor.

O único pase terá lugar o mércores 28 de maio ás 20:00 horas no Liceo de Ourense.

Sergio Alba presenta en Ourense o seu espectáculo

Neste show, Alba propón unha mirada retranqueira sobre aquela época na que o televisor poñía dous rombos na pantalla e os máis pequenos eran enviados para a cama. Un tempo no que se pasou do branco e negro á cor case sen decatármonos, e no que a inocencia convivía coa transgresión silenciada.

Dous rombos… Pasa para a cama nace cunha intención clara: rirnos do noso pasado analóxico, das cousas que nos fan tremer de vergoña e tamén das que nos arrincan un sorriso cómplice. Un espectáculo que apela á memoria colectiva e ofrece un espazo para desconectar da rutina dixital e conectar coa nosa historia máis persoal.

Sergio Alba presenta en Ourense o seu espectáculo

As entradas están á venda no propio Liceo de Ourense a un prezo de 8 euros anticipada e 10 euros o día do espectáculo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.