Desde o grupo socialista do concello de Ourense solicitan conmemorar a figura de Arturo Baltar coincidindo co centenario do seu nacemento.
Esta moción debaterase no próximo pleno do concello de Ourense que se celebrará neste mes de xaneiro.
Solicitan conmemorar a figura de Arturo Baltar
Natalia González, voceira do PSdeG-PSOE, sinala que «a visita ao seu belén converteuse nun dos actos centrais da inauguración do Nadal durante moito tempo, pero nos últimos anos padece un declive importante pola falta de implicación do actual goberno local, e tamén de outras administracións, ante a ausencia de compromiso na aposta polo noso patrimonio e identidade cultural e como reclamo turístico».
Foi no ano 2024 cando se cumpriu o centenario do nacemento deste artista na localidade de Quintás da Barra, no concello de Coles. «Neste pasado 2024, xusto cando se cumpriría o centenario do nacemento de Arturo Baltar, un dos grandes artistas da nosa cidade que nos deixou un legado único coa súa obra, e que conta con esculturas e ilustracións en espazos museísticos de Galicia e España; as administracións públicas, e concretamente o Concello de Ourense, esquecéronse del obviando conmemorar a súa traxectoria e contribución á nosa cidade», lembra Natalia González.
Na moción que presenta o PSdeG-PSOE figuran unha mellora da sinalización do Belén de Baltar, un axuste dos horarios e o incremento da información turística.