Noticias

Solucións ante a avalancha de xabarís

Atopar solucións ante a avalancha de xabarís na cidade de Ourense é unha das mocións que o PSdeG-PSOE levará ó pleno desta semana.

Entenden dende o Partido Socialista que a solución pasa pola colaboración entre o goberno municipal e a Xunta de Galicia para por freo a un problema que é moi frecuente en barrios como Covadonga, A Ponte ou O Vinteún.

Solucións ante a avalancha de xabarís

“O goberno municipal de Ourense non pode poñerse de perfil ante este gravísimo problema”, destaca Wilson Jones, concelleiro socialista. «Esta praga de xabarís que nos últimos meses está a xerar unha auténtica alarma social entre as veciñas e veciños de moitos barrios, especialmente o de Covadonga, onde estas poboacións salvaxes están a sementar o pánico».

Solucións ante a avalancha de xabarís

Entre as medidas que solicitan para frear este problema están:

  • identificación dos roteiros polos que transitan estes animais para detectar os puntos de acceso á cidade,
  • control da efectiva limpeza e roza das leiras do perímetro rural para evitar que os xabarís se asenten nestes terreos,
  • control dos puntos de depósito e recollida de residuos orgánicos para evitar que as familias de xabarís teñan neles un lugar de fácil obtención de comida.

Botón volver arriba