Deportes

O Ximnasia Pavillón Ourense inicia a tempada con 37 equipos

A tempada 2026 de ximnasia rítmica arrincou para o Club Ximnasia Pavillón Ourense e a Escola Pavillón cunha exhibición celebrada o sábado 14 de marzo na cancha central do Pavillón dos Remedios.

Esta exhibición reuniu a máis de 300 ximnastas.

O Club Ximnasia Pavillón Ourense inicia a tempada con 37 equipos

Entre ambos clubs suman 37 equipos de ximnasia rítmica e catro de ximnasia estética de grupo, con representación en todos os niveis deportivos.

O Club Ximnasia Pavillón Ourense inicia a tempada con 37 equipos
Foto: Ximnasia Pavillón

Estes van desde escolar ata élite nacional, e en categorías que van desde iniciación ata sénior.

Os equipos prebase e base/élite nacional afrontan este inicio de tempada con problemas de espazo tras reducirse o uso da cancha central nunha das franxas de adestramento dos venres pola tarde. Esta situación obrigou a reorganizar a planificación. O corpo técnico agarda recuperar máis horario a partir de setembro.

A primeira competición será o 21 de marzo en Xinzo de Limia, coa Copa Deputación de Ourense . Ese día tamén será a primeira fase da Liga Provincial escolar, promoción e prebase. O 28 de marzo en Vigo competirán os conxuntos base e élite nacional e o ximnasta José Vázquez. En xogo estará a clasificación para a Copa Base Nacional, Copa de España e Copa Raíña Sofía.

Botón volver arriba