Deportes

Todo preparado para o XVI Torneo Primavera Cidade de Ourense

Xa está todo preparado para a celebración do XVI Torneo Primavera Cidade de Ourense que se celebrará este sábado, 20 de abril, no Pavillón dos Remedios.

Organizado polo Club Ximnasia Pavillón, este torneo contará cunha importante participación de ximnastas.

Todo preparado para o XVI Torneo Primavera Cidade de Ourense

Cerca de 600 deportistas de 17 clubs competirán nas modalidades de ximnasia rítmica e estética. Os niveis de competición nos que se dividirá este evento deportivo inclúen promoción, prebase e nacional, tanto na modalidade individual como en conxuntos.

Está previsto un horario para a sesión da mañá que comece ás 10h e remate ás 13:30h. Tras a pausa para xantar, o torneo continuará entre as 15h e as 18h. Ademais dos participantes no torneo, actuarán varios conxuntos en exhibición. Estes conxuntos representan as escolas deportivas de Xinzo de Limia, Barbadás, Maceda e Celanova.

Todo preparado para o XVI Torneo Primavera Cidade de Ourense

Tamén formarán parte da exhibición todos os conxuntos de nivel escolar do Club Pavillón e a Escola Pavillón. Estes dous clubs participarán no torneo con catro conxuntos de promoción, un conxunto cadete prebase, un conxunto sénior de ximnasia estética e seis conxuntos de nivel nacional. Na modalidade individual, os clubs Pavillón participarán con dezaseis ximnastas femininas e tres ximnastas masculinos.

Botón volver arriba