Deportes

O Torneo Primavera de ximnasia reúne 550 participantes en Ourense

O XVIII Torneo Primavera Cidade de Ourense de ximnasia rítmica celebrarase este sábado 25 de abril no Pavillón dos Remedios, cunha participación de 550 ximnastas.

A competición desenvolverase de 10:00 a 13:30 h e de 15:30 a 17:30 h, con presenza de 16 clubs de Galicia e Madrid.

O Torneo Primavera de ximnasia reúne 550 participantes en Ourense

Haberá probas de ximnasia rítmica e estética, en niveis de promoción, prebase e nacional, tanto en individual como en conxuntos.

O Torneo Primavera de ximnasia reúne 550 participantes en Ourense

O evento inclúe tamén exhibicións dos clubs Pavillón e Escola Pavillón. Ademais, participará o ximnasta ourensán José Gómez, convocado coa selección galega para a próxima Copa de España masculina.

Desde a organización sinalan que o torneo serve de preparación para citas autonómicas e nacionais, aínda que lamentan a limitación de instalacións, que obrigou a reducir categorías.

Botón volver arriba